O artefacto, anunciado por unha chamada telefónica, explotou de madrugada, sen causar vítimas nin feridos.
Un artefacto estoupou ás 3:25 horas da madrugada do sábado ao domingo na Casa do Pobo de Elgoibar (Guipúscoa), diante da sede do PSOE. A explosión non causou feridos, mais si danos materiais.
Unha hora antes, unha chamada telefónica á Asociación de Axuda na Estrada (DYA) de Biscaia alertou da colocación do artefacto no nome de ETA. A Ertzaintza desprazouse ao lugar, onde localizou o paquete sospeitoso, acordoou a zona e desaloxou os veciños.