Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto do bo

O Breogán pasa pola peneira cara a Final a Catro, camiño da ACB

É un dos primeiros equipos que chegan á loita final polo ascenso, que comezará a vindeira fin de semana en Cáceres. O Beirasar Rosalía finalmente non puido pasar.

Redacción - 11:46 26/05/2008

A vindeira fin de semana en Cáceres decídense os tres postos de ascenso á ACB, os tres que lle corresponde á LEB (ouro, prata e bronce).

Mais as olladas están postas nos equipos (da LEB Ouro) que poderían acompañar ao CAI Zaragoza no seu retorno á primeira do baloncesto estatal. Dous nomes están claros, os dous dos primeiros equipos que certificaron esta fin de semana o pase á final a catro: o Bruesa guipuscoano, e o Breogán lugués.

O Bruesa Gipuzkoa impúxose por un só punto, en Donosti, ao outro equipo galego que loitaba polo ascenso, o Beirasar Rosalía. Polo seu lado o Leite Río Breogán gañaba con total autoridade na súa visita ao La Laguna.

Donostiarras e lugueses pasaron cun 2-0 pola peneira previa á Final a Catro. Aínda fican por saberse os outros dous implicados na loita final xa que nos duelo Alicante-Los Barrios e Tenerife-Lleida vai haber un terceiro partido.

Na LEB Bronce tamén están as cousas interesantes na loita polo ascenso, posto que hai un equipo galego, o Ferroplast Coruña, que xoga o seu pase ante o Real Madrid.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: