Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Mentres, o Breogán segue en "situación tranquila"

O Beirasar-Rosalía xoga o pase aos cuartos de final contra o Gandía

O equipo compostelán recibe ao penúltimo clasificado coa necesidade de gañar. As baixas complican estes obxectivos.

Redacción - 13:50 18/04/2008
Imaxes do derbi entre o Breogán e o Beirasar

Imaxes do derbi entre o Breogán e o Beirasar

Fican aínda cinco xornadas para o final do campionato cunha clasificación moi igualada. O Beirasar Rosalía vai de sétimo, con 15 vitorias e preto da zona da táboa que ten de opcións a xogar os play-off de ascenso.

Por iso, porque hai moitos competidores para chegar ao ascenso, as vitorias todas que poidan chegar son benvidas. Esta sexta feira agárdase que chegue unha nova contra o Gandía, un rival difícil.

Esta sexta feira ás 21:00 horas no Multiusos do Sar comeza o partido Beirasar Rosalía-Aguas de Valencia Gandía. No anterior encontro venceron os composteláns, que, ademais, superaron a barreira dos 100 puntos (a única vez na liga), gañando por 85-102.

E o Leite Río Breogán...
O Breogán, que vai cuarto na Liga LEB Ouro, segue na súa situación tranquila, mais cun partido complicado en Lleida, pola importancia que ten a vitoria para os locais e porque sen Davis os de Lugo perderon a un dos seus referentes até que termine a tempada, e este feito pode pasar factura.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



No partido de ida do Beirasar contra o Aguas de Valencia Gandía
No partido de ida do Beirasar contra o Aguas de Valencia Gandía
O Breogán terá que afrontar os play-off sen Davis, que está lesionado
O Breogán terá que afrontar os play-off sen Davis, que está lesionado