Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Autodeterminación

Patxi López aposta por "un referendo con todas as consecuencias"

O secretario xeral do PSE-EE considera necesario un previo "acordo transversal" entre os partidos vascos.

Redacción - 10:30 23/05/2008

O secretario xeral do PSE-EE, Patxi López, apostou esta quinta feira por organizar "un referendo con todas as consecuencias", previa negociación cos partidos vascos e tras acadar "un acordo amplo e transversal", "que sexa o resultado lóxico e legal" do percorrido que se debe realizar.

Ademais, nun encontro con cargos públicos e orgánicos do seu partido, López insistiu en que lograr un "acordo entre vascos" é "posíbel e absolutamente necesario" e apostou, neste senso, por "volver ao Euskadi do consenso político".

Fronte á "consulta vinculante" do lehendakari, Juan José Ibarretxe, "que só leva á división e ao enfrontamento", reivindicou un referendo que sexa aprobado polo Parlamento vasco e ratificado en Cortes Xerais.

"Nacionalidade vasca dende a integración"

"Cómpre" unha negociación entre todos os partidos democráticos co fin de lograr un consenso sobre os "principios básicos" do rexeitamento á violencia e do apoio ás vítimas, do respecto ás regras de xogo estabelecidas, do compromiso de que calquera cambio no marco xurídico debe ter "un acordo amplo e transversal", así como de "construír a nacionalidade vasca dende a integración e desbotando o frontismo e a exclusión".

Dende Bruxelas, Ibarretxe replicoulle dicindo que o PSE non respecta o que asina, e lembroulle que o PSOE votou o martes no Congreso en senso contrario ao que fixo no Parlamento vasco con todos os partidos, para defender xuntos a blindaxe do concerto económico.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: