Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Seguen os labores de rescate dos sepultados

A cifra de mortos chega a dez mil un día despois do terremoto no sudoeste de China

Wenchuan, no epicentro do maior tremor dos últimos trinta anos e con 24.000 habitantes, permanece illado. Este martes houbo novas réplicas.

Redacción - 11:40 13/05/2008
Centos de persoas permanecen sepultadas

Centos de persoas permanecen sepultadas

Vinte e catro horas despois do terremoto de 7,8 graos que causou máis de 10.000 mortos en China, os equipos de socorro intentan rescatar a centos de sepultados entre os cascallos de formigón e aceiro de escolas, hospitais, fábricas e vivendas.

O concello de Wenchuan, no epicentro do maior terremoto dos últimos trinta anos e cunha poboación de 24.000 persoas, segue illado, debido a que as estradas están destruídas ou bloqueadas polo desprendementos de rochas.

Con todo, uns 1.300 militares lograron avanzar a pé vinte quilómetros pola estrada que une a cidade de Dujiangyan con Wenchuan, e traballan no condado de Yinxiu baixo a intensa chuvia nas operacións de socorro e procura de sobreviventes.

Máis de 40.000 membros do Exército de Liberación Popular e da policía armada, experimentados nas difíciles condicións do territorio chinés, foron mobilizados e vinte avións militares transportan o persoal e o material necesario, informou este martes a axencia oficial Xinhua.

Tamén foron mobilizados seis avións das compañías aéreas Air China, China Southern Airlines e China Eastern Airlines para transportar equipos de rescate e axuda de urxencia ás zonas afectadas.

Réplicas
Por outra banda, novas réplicas do terremoto notáronse este martes en Chengdu, a capital da provincia de Sichuan.

Segundo Xinhua, ás 15.10 hora local (09.10 en Galiza) sufriu o primeiro tremor. Polo momento descoñécese se produciu algún novo dano nas estruturas dos edificios, xa afectadas polo sismo deste luns.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: