Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sismo de 7,8 graos

O número de mortos polo terremoto en China xa supera os 8.500

Arredor de 5.000 pertencen a un único concello da provincia de Sichuan, no sudoeste do pais.

Redacción - 18:20 12/05/2008

Segundo informa a axencia estatal Xinhua, o goberno de China elevou a cifra de mortos a 8.533 no seu último comunicado

Só en Beichuan, un distrito a 50 quilómetros do epicentro, calcúlase que morreron unhas 5.000 persoas e estímase que máis do 80% dos edificios desa zona derrubáronse.

Namentres, a un cento de quilómetros, continúan os labores de rescate dos máis de 900 estudantes sepultados en Dujiangyan, tras derrubarse un instituto. Polo momento, os restos sen vida de cincuenta persoas xa foron recuperados.



Ademais, un hospital desta cidade caeu como consecuencia do terremoto, segundo informa Xinhua citando a unha testemuña presencial.



A área afectada polo sismo de 7,8 graos de magnitude na escala Richter ten máis de 1,3 millóns de quilómetros e ten unha poboación duns 180 millóns de persoas, máis da décima parte da poboación chinesa.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: