Máis dun cento de persoas morreron a consecuencia do sismo, rexistrado na provincia de Sichuan.
Polo menos 900 estudantes quedaron sepultados na provincia de Sichuán tras o terremoto de magnitude 7,8 na escala de Richter, que sacudiu o sur de Asia, dende a capital de China, Beixín, á de Tailandia, Bangkok, separadas por uns 3.300 quilómetros.
Segundo o último dato oficial ofrecido pola axencia oficial Xinhua, un total de 107 persoas morreron e 34 resultaron feridas.
O terremoto foi un dos máis fortes sufridos polo país asiático nos últimos trinta anos. En 1993 un sismo de magnitude 7,5 na provincia de Sichuan causou 9.000 mortos.