Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este si que é aquel (vello) Superdépor

Os veteranos do Dépor gañan a Liga e vínganse do Valencia

Os de Arsenio demostraron esta sexta feira que foron os máis fortes do campionato grazas a un espectacular fútbol rápido, físico e técnico. O marcador: 8-21.

Redacción - 12:15 10/05/2008
Celebrando o triunfo

Celebrando o triunfo

O Superdépor dos mellores tempos do fútbol galego gañou a Liga Estatal de Fútbol Indoor, a dos veteranos, tras impoñerse, no partido do desquite, ao Valencia por 8 a 21.

O resultado non fixo máis que corroborar a superioridades dos coruñeses nesta competición que no seu primeiro ano de vida fíxolle vibrar a milleiros de afeccionados coas "vellas" glorias do fútbol galego e estatal.

O Dépor gañou todos os partidos, menos un que empatou contra o Real Madrid e ten, segundo os organizadores desta Liga, máis mérito aínda, por non contar co apoio do consello de administración da entidade herculina, ao contrario que outros equipos que si tiñan a axuda dos seus clubes. Aínda así, os veteranos demostraron que querían xogar, que querían competir, e deixar o nome do Deportivo ben alto.

Ao desquite co Valencia por aquela última xornada de hai 14 anos
Liderados polo entusiasmo dos irmáns González Pérez, Fran e José Ramón, adestrados por Arsenio Iglesias, e con futbolistas míticos coma Donato, Naybet, Manjarín, Romero, Songo'o, Elduayen, Jaime, Djalminha ou Turu Flores, o Dépor levou a súa recompensa e conseguiu desquitarse de vellas lembranzas. Quedaría aquel penalti de Djukic esquecido?


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: