Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: depor

O Dépor quere que para 2015 a metade dos seus xogadores sexan galegos
24/Maio/2010 /

O Dépor quere que dentro de cinco anos a metade dos seus xogadores sexan galegos

Lendoiro intensifica a aposta pola canteira logo deste domingo ascender o Fabril á Segunda B. O Pontevedra elimina o Oviedo no seu camiño cara á División de Prata.


30/Decembro/2008 /

O Dépor quere a Nacho Novo

Lendoiro confirmou o seu interese polo dianteiro dos Glasgow Rangers, sinalando que a comezos de xaneiro ha falar persoalmente co futbolista ferrolán.


30/Decembro/2008 /

Os Rangers poderían poñer a Nacho Novo no escaparate en xaneiro

O ferrolán converteuse no máximo anotador da historia da irmandiña, xunto con Deus. Cos dous goles desquitouse dos desdéns do seu equipo, no que non xoga de titular dende novembro.


17/Outubro/2008 /

O Dépor quere estampar nas súas camisolas o logo do Xacobeo

Lendoiro pensa que o seu clube é "infinitamente máis rendíbel" que calquera equipo ciclista, en clara referencia ao Xacobeo Galicia.


3/Xuño/2008 /

Piscu, o mellor defensa novo da Liga

O mozo das Pontes foi incluído no once de ouro na gala de Fútbol Draft, celebrada en Madrid.


10/Maio/2008 /

Os veteranos do Dépor gañan a Liga e vínganse do Valencia

Os de Arsenio demostraron esta sexta feira que foron os máis fortes do campionato grazas a un espectacular fútbol rápido, físico e técnico. O marcador: 8-21.


27/Abril/2008 /

Cara e cruz para os equipos galegos de primeira e segunda división

O Dépor consegue a súa quinta vitoria consecutiva fronte ao Barça, namentres que Celta e Rácing caen con Nástic e Sevilla Atlético, respectivamente.


16/Febreiro/2008 /

O Superdépor volveu gañar en Riazor

Os coruñeses, liderados por José Ramón, derrotaron ao Barça por 7-5 nun pavillón ateigado.


11/Outubro/2007 /

Lendoiro podería abandonar o Deportivo a finais da tempada

Segundo informacións aparecidas a quinta feira nun xornal deportivo, o presidente do club coruñés podería deixar de selo en xuño.


1/Agosto/2007 /

O Real Club Deportivo da...?

O Dépor queda, por primeira vez na súa historia, sen un só coruñés no cadro de xogadores, após a marcha de Iago Iglesias.