Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hai posibilidades, se empatan Madrid e Barça

O Depor xoga fronte ao Betis o liderado da liga de veteranos

Á noite, en Ferrol, os blaquiazuis que aínda non coñeceron a derrota, poden poñerse de primeiros na clasificación.

Redacción - 12:45 18/04/2008

Os de Arsenio Iglesias xogan ás 20:30 horas desta sexta feira na Malata contra o último clasificado, polo de agora, da Liga de Fútbol Indoor, o Betis. Os blanquiazuis, que aínda non coñecen a derrota nesta liga, poderían acadar o liderado de gañarlles aos do Betis, mais se Barça e Real Madrid empatan no seu partido. Se os tres puntos quedan repartidos entre brancos e azulgranas, os deportivistas quedarían de primeiros (con dous partidos menos que os seus inmediatos rivais), dando un gran paso na loita final polo campionato.

Os convocados, os que golearon ao Sevilla a pasada semana (20-8): Elduayen, Oregui, Donato, Romero, Jaime, José Ramón, Manjarín, Fran, Vituco, Manuel e Turu Flores (que se estreou, daquela, con sete goles). A estes engádese Romero, que vai xogar o seu segundo encontro cos blanquiazuis. O de Arteixo vai ter que realizar algún descarte na súa listaxe de xogadores para esta sexta: probablemente o ex racinguista Jaime, que está algo tocado.

O Betis, que aínda non gañou un partido, trae, polo seu lado, a Salado, Quesada, Julio, Márquez, Camacho, Cruzado, Casado, Reyes, Stosic, Petit e Tais.

As entradas para o partido, que está organizado polo Patronato de Deportes de Ferrol, están a tres euros, e son de balde para os menores de 16 anos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: