A xunta militar adía o referendo constitucional nas áreas afectadas até o día 24.
O número de vítimas mortais producidas polo ciclón en Birmania segue a aumentar e xa se fala de 15.000 persoas, ás que hai que sumar os desaparecidos. Os líderes do goberno birmano xa anunciaron que aceptarán axuda exterior, mentres as axencias internacionais seguen a presionar para poder participar nunha campaña de axuda masiva.
Pero o fenómeno meteorolóxico tamén tivo consecuencias políticas no país. Así, a xunta militar anunciou que pospoñerá o referendo sobre a nova constitución, previsto para o día 10, até o 24 de maio nas zonas máis afectadas polo ciclón Nargis, incluída a antiga capital, Rangún, e máis o delta do Irrawaddy, segundo anunciou a televisión estatal este martes.