As áreas de Rangún e Irrawaddy son as máis afectadas polo ciclón que arrasou Birmania esta fin de semana. Especialmente nesta úlima zona, as autoridades birmanas informaban de que as primeiras avaliacións atoparon que o vento arrasou até catro de cada cinco vivendas ao seu paso.
A xunta militar birmana despregou o exército nos lugares máis afectados e declarou o estado de emerxencia, despois de que milleiros de persoas quedaran sen fogar. Mentres, o ciclón virou cara a Tailandia, aínda que afrouxando o impacto, malia que o goberno tailandés xa declarou a alerta.