Os captores abandonaron o barco, que neste momento navega cara ás Illas Seychelles, escoltado pola fragata española desprazada á zona.
Os 26 tripulantes do atuneiro Praia de Bakio, oito deles galegos, secuestrados desde o pasado domingo en augas de Somalia foron liberados este sábado polos piratas que os retiñan.
Os captores abandonaron o barco, que neste momento navega cara a Vitoria, nas Illas Seychelles, escoltado pola fragata desprazada á zona.
Segundo anunciou a vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, nunha conferencia de prensa, "en todo momento preservouse a seguridade, e funcionou a diplomacia".
Ademais, informou de que se están a poñer en contacto co armador e coas familias afectadas para comunicarlles a noticia.