Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Secuestro en Somalia

O paso dos días desanima a tripulación do 'Playa de Bakio'

O Reino Unido está a impulsar unha resolución no Consello de Seguridade da ONU para enviar cascos azuis ao país, sumido no caos.

Redacción - 13:15 24/04/2008

O patrón do atuneiro Praia de Bakio, o baionés Amadeo Álvarez, recoñeceu esta quinta feira tras unha breve comunicación cos seus familiares que non está "moi animado" con respecto á situación en que se atopan, "quizais porque xa pesan os cinco días de secuestro", atribuíron os familiares.

No entanto, sinalou que os 26 tripulantes do barco están "ben", e dixo que eran coñecedores de que o embaixador español en Quenia e encargado de Somalia está en Mogadiscio para negociar a súa liberación.

Por outra banda, o Reino Unido está a impulsar unha resolución no Consello de Seguridade da ONU que lle abriría a porta a unha maior presenza do organismo internacional na zona así como ao envío de cascos azuis -tal e como está a solicitar o goberno de transición somalí- para tratar de pórlle fin ao caos en que está sumido Somalia, informan axencias internacionais.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: