Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

Israel rexeita a 'tregua trampa' de seis meses ofrecida por Hamás

"Están tentando gañar tempo para se rearmar e reagrupar", argumentou o goberno israelí. Por outra banda, a ONU interrompeu a axuda a Gaza.

Redacción - 11:45 25/04/2008
Campo de refuxiados en Gaza

Campo de refuxiados en Gaza

O goberno de Israel rexeitou este venres a proposta de Hamas de declarar unha tregua condicionada de seis meses na Franxa de Gaza, ao considerar que se trata dunha estratexia que ten por fin recuperarse dos últimos combates.

"Hamas está tentando gañar tempo para se rearmar e reagrupar. No cumprirían accións defensiva de Israel se se desistisen de cometer ataques terroristas contra os israelís" afirmou o voceiro gobernamental David Baker.

Ademais, presuntamente aludindo aos ataques aéreos e ás incursións militares en Gaza, Baker engadiu que "Israel continuará a actuar para protexer os seus cidadáns".

Durante as conversas con mediadores exipcios esta quinta feira, Hamas propuxo un cesamento mutuo de hostilidades na Franxa, seguido da fin do bloqueo israelí deste territorio. Exipto anunciara neste senso que tentaría que a tregua se estendese tamén a Cisxordania.

A ONU interrompe a axuda alimentaria

Precisamente, este bloqueo, que xa dura dez meses, provocou tamén esta quinta feira que a axencia das Nacións Unidas para a axuda aos refuxiados palestinos (UNRWA, nas súas siglas en inglés) interrompese a distribución de alimentos por falta de combustíbel para repartilos.

Unhas 650.000 persoas, case a metade da poboación de Gaza, depende da axuda alimentaria da ONU.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: