O vicepresidente estadounidense, Dick Cheney, reúnese co presidente palestino, Mahmoud Abbas, despois de garantirlle "apoio pleno" ao executivo israelí.
Ehud Olmert, primeiro ministro israelí
Pouco despois de reunirse co ministro ruso de Exteriores e malia a vontade expresa da diplomacia rusa de promover unha conferencia de paz sobre Oriente Medio, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, expresou a súa convicción de que no momento actual "non hai razón" para outra conferencia de paz.
Mentres, esta fin de semana producíase o encontro do vicepresidente dos Estados Unidos, Dick Cheney, co presidente palestino, Mahmoud Abbas, e co primeiro ministro, Salam Faiad. Logo da xuntanza, Cheney dixo agardar "o día en que un estado palestino independente, viábel, democrátivo e pacífico sexa realidade". Ao respecto, o segundo da Casa Branca agoirou "tremendos esforzos na mesa de negociacións e dolorosas concesións das dúas partes".