Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSACIÓN DA FISCALÍA DA AUDIENCIA NACIONAL

Ceivar iniciará unha campaña sobre a petición de condena “exemplarizante” a Ugio e Giana

A entidade cre que os delitos que se lles imputan aos dous independentistas non se corresponden coa realidade.

Redacción - 19:00 07/11/2007

O organismo Ceivar anunciou que vai poñer en marcha unha campaña informativa solidaria a nivel nacional para dar a coñecer a situación dos presos independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomes. Consideran que a petición de condena da Fiscalía da Audiencia Nacional é desproporcionada e “exemplarizante a nivel represivo”.

Como exemplo da petición desmedida do fiscal, salienta a condena a 15 anos de prisión a cada un dos militantes por un presunto delito de estragos, que presupón a tentativa de prexudicar vidas humanas. Ceivar considera que, como moito, poderíaselles acusar dun delito de danos, polo aviso previo da colocación da bomba e pola simple intención de danar fisicamente a oficina central de Caixa Galicia en Compostela. Os danos só estarían penados con entre un e tres anos de cadea.

Por outra banda, critican que se lle impute a Ugio Caamanho un delito de falsificación de documentos cando en ningún momento os tentou empregar para suplantar outra identidade. Por iso, e polo ambiente preelectoral, dende Ceivar cren que o proceso aspira a amosar unha estratexia represiva e contundente contra o independentismo.


4,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: