Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

El Periòdic d'Andorra publica unha nova enquisa electoral tras o atentado

Esta é a cuarta sondaxe do xornal andorrano, difundida ás 12.00 horas deste sábado. As diferencias con respecto á publicada este venres son mínimas.

Redacción - 13:41 08/03/2008

O asasinato do ex concelleiro socialista de Arrasate non tivo polo momento un impacto electoral significativo entre os dous grandes partidos estatais. O PSOE segue avantaxando ao PP en catro puntos.

As lixeiras modificacións que se aprecian na sondaxe elaborada para El Periòdic d'Andorra son un aumento da bipolarización (aínda que pouco, sobe a intención de voto nos dous partidos maioritarios) e un lixeiro incremento da participación, que se estima no 71%, aínda lonxe do 77% de hai catro anos. O resto de formacións baixan un 0,8% con respecto á enquisa pubicada este venres.

A lei española prohibe aos medios de comunicación estatais publicar e difundir sondaxes electorais durante os cinco días anteriores ao da votación.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: