Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Esquivando a lei electoral

El Periòdic d'Andorra e The Times publican novos prognósticos sobre o 9M

El Mundo e El Periódico de Catalunya proporcionan este venres respectivas ligazóns a enquisas electorais.

Redacción - 13:30 07/03/2008

"Porque todos, e non só as elites, temos dereitos a estar informados", é a frase coa que abre a súa edición electrónica o xornal catalán El Periódico de Catalunya. Ao tempo, proporciona outra vez un ha ligazón ao xornal vencellado ao grupo editor El Periòdic d'Andorra,onde até a véspera do domingo 9 seguirá publicando prognósticos electorais. De paso, recorda o editorial do día anterior, onde o diario expoñía que "a prohibición aos medios de comunicación de publicar e difundir sondaxes electorais durante os cinco días anteriores ao da votación, establecida no artigo 69.7 da lei electoral de 1985, supón unha clara limitación da liberdade de expresión". Segundo este terceiro estudo publicado en Andorra, as posicións daquela apuntadas permanecerían igual. O xornal publicará os dous últimos prognósticos este sábado ás 12h e ás 23h30.

E quen se apunta á mesma táctica este venres é o diario madrileño El Mundo, que enlaza á enquisa publicada polo diario inglés The Times baixo o título "As sondaxes poñen por diante a Zapatero (pero non llo digan aos españois)". A información vai acompañada dun artigo onde se expón que a Lei do Réxime Electoral Xeneral "quedou completamente anticuada debido a internet", argumentando que "non ten sentido prohibir" a publicación de sondaxes cando calquera internauta pode acceder a elas picando na ligazón corresponde a xornais publicados fóra do Estado español.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: