Segundo a decana da Facultade de Económicas e Empresariais, Maite Cancelo, só tres fan parte da organización estudantil Agir.
Son seis mozos e unha moza, todos estudantes: dous estudan Dereito, outros dous Ciencias Políticas, un Xornalismo, outro Económicas e outro Historia. Polo menos, tres foron vinculados coa organización estudantil independentista Agir (presentáronse baixo as súas siglas ás xuntas de estudantes).
As identificacións, "con nomes e apelidos", en palabras da decana de Económicas, Maite Cancelo, realizáronse coa axuda dos decanos doutros centros, de estudantes e de profesores que, segundo dixo Cancelo, "colaboraron voluntariamente".
Malia que no acto de protesta contra a palestra da presidenta do PP vasco, Maite San Gil, había uns vinte estudantes, só estes sete son culpados dos altercados, e os seus nomes, xunto con varias imaxes do feito, foron recollidos nun informe que vai ser remitido esta quinta feira ao Reitorado da USC, para reclamar a súa expulsión da Universidade.
A decana de Económicas tamén presentou unha denuncia na comisaría de policía despois de se producirán os feitos e volveu insistir en pedir "a expulsión inmediata" dos alumnos cuxa participación no incidente "estea demostrada".