Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

Económicas pide que a USC expulse os estudantes que participaron na protesta contra San Gil

A decana desta facultade presentou denuncia na comisaría e criticou que o reitor non permitise a entrada dos antidisturbios para protexer a presidenta do PP vasco.

Redacción - 12:23 13/02/2008

En declaracións á Radio Galega, a decana da Facultade de Económicas, María Teresa Cancelo, anunciou este mércores que vai solicitar formalmente á USC que expulse os estudantes que participaron na protesta contra a líder do PP vasco, María San Gil. Ademais, Cancelo considera que a asociación Agir, á que culpan dos feitos, ten que desaparecer do rexistro de asociacións da universidade.

A decana, que presentou unha denuncia dos feitos diante da policía, criticou ao reitor da USC, Senén Barro, por non permitir a entrada da policía no campus. Barro sinalou que non foi precisa esa autorización xa que a seguridade privada da universidade e os escoltas da dirixente conservadora garantían a súa integridade.

Discusión parlamentaria (actualizada ás 13.35 horas)

Unha declaración de condena polos incidentes na Facultade de Económicas acabou este mércores en liorta parlamentaria. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, manifestaba que era preciso “saber quen está detrás” do sucedido e para iso solicitou a comparecencia urxente do conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu. Socialistas e nacionalistas acusaron á oposición de empregar a “demagoxia” e lembraron que xa fixeran públicos diferentes comunicados de repulsa. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, sinalou que a tensión no Parlamento tiña que ver co “clima electoral”.

Proposta de declaración presentada por socialistas e nacionalistas (18.09 horas)

"O Parlamento de Galicia:

1.- Declara que a sociedade galega constitúe un exemplo de convivencia pacífica e democrática, que todos e todas debemos esforzarnos en preservar, na que todas as opinións poden ser expresadas libremente.

2.- Condena sen paliativos os actos violentos cos que unha minoría tentou no día de onte boicotear unha conferencia de deputada do Parlamento de Euskadi, María San Gil, solidarizándose con ela e cos membros das forzas de seguranza afectados
."


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: