Curtas na rede consolídase e crece. Na pasada edición presentáronse 78 curtametraxes, e neste terceiro ano o certame aumenta a súa dimensión, separa os traballos entre ficción e documental, e introduce a categoría de animación. Ademais, o outro gran cambio é que se admitirán curtas en castelán, catalán e eúscaro, ademais de galego. O prazo de inscrición estará aberto desde o próximo 14 de febreiro ata o 8 de setembro.
Os inscritos deben realizar unha curta inédita que non poderá exceder os cinco minutos de duración e que deberá versar sobre as temáticas de inmigración, saúde e sexualidade e
visións nosas/visións alleas (temática libre). Ademais desta categoría, e coa mesma limitación e duración, este ano incorpórase a categoría de curtametraxes de animación de temática e xénero libre. Completan o concurso dúas categorías máis, a de micromovies e a de cápsulas. A categoría de micromovies responde a traballos realizados coa cámara do teléfono móbil que non poderán exceder os 30 segundos de duración. As cápsulas son unha nova modalidade de categoría baseada en pezas curtas cunha duración non superior aos tres minutos, na que se estabelecen tres subcategorías: musicais, promos e cápsulas de lingua.
En canto aos premios, este ano aumenta a contía nun corenta por cento con respecto á pasada edición. Así, cóntase cun total de 35 mil euros a repartir entre as diferentes categorías. Cada unha destas recibirá un máximo de 1.500 euros agás a categoría de animación que recibirá un tratamento especial tendo en conta o grande esforzo que implican os traballos. Así, neste formato, o primeiro premio estará dotado con 3.000 euros
Vídeos gañadores da pasada edición: