Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Audiovisual

Curtas na Rede concede catorce premios a novos creadores

Nunha gala entregáronse galardóns ás mellores curtas en tres categorías, á mellor micrometraxe, ao mellor blog e ás mellores interpretacións.

Redacción - 12:19 10/10/2007

A segunda edición do certame Curtas na Rede xa ten gañadores. O luns á noite entregáronse os premios, cunha contía total de 25.000 euros, no teatro Colón da Coruña. Ao concurso presentáranse 71 curtametraxes, 78 bitácoras e 25 micrometraxes.

O certame, que organizaron a Secretaría Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude de Galicia, contou coa actriz Isabel Blanco como presentadora da gala.

Os traballos premiados foron, na categoría de xuventude, Superheroe, do ourensán Julián Cossini; Comentarios á parte, de Juan Pedro Pérez, da Estrada, Fuuuu, do compostelán Diego Valiño García. Na categoría de inmigración, recibiron premio Manuel Buceta González, da Coruña, por Cafés de Papel; Ángel Alonso González, de Vigo, por Retornados, e Carlos Prado Pampín por Alí e Alá.

Na categoría de medio ambiente, foron distinguidos Manuel Tarrío, de Sigüeiro, por Apocalipse Nau; Pablo Penedo Naviera. da Coruña. por Quen estea libre de culpa, e Andrés Cameselle Caride, de Vigo, por Novo clima galego:



Na categoría de visións nosas/visións alleas, á que se presentaron 24 curtas, recibiron premio, un cheque de 1.500 euros, Martina Pérez Pérez, da Coruña, coa curta O Crilo; Jordi M. Romero Oya, de Barcelona, por Bobi, e Raúl García Pérez, da Coruña, que presentou En el armario, que tamén levou o premio do público. A mellor micrometraxe, feita con teléfono móbil e de non máis de 30 segundos de duración, foi Como ser loca mancha de Andrea Natalia Casadío, de Munro (Arxentina).

Tamén houbo premios para o mellor actor, Rubén Grande, por Superheroe, e actriz, para Maguet, por Cafés de papel. Como novidade desta edición, houbo premio para a mellor bitácora de rodaxe, que recaeu en Xoan Martínez González polo Gran Kahuna de Sr. Rojo. E o premio da sorte, escollido por sorteo entre todos os participantes, foi para Laura Alonso Ferreiro.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: