Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"O pluralismo político debe prevalecer sobre outros intereses"

O Supremo decide non suspender as actividades de EHAK-PCTV

O tribunal argumenta que facelo non sería "nin proporcional nin axeitado", pero si prohibe que se lle concedan fondos.

Redacción - 17:43 11/02/2008
Imaxe dunha campaña de EHAK

Imaxe dunha campaña de EHAK

O Tribunal Supremo xustificou a non suspensión de actividades de EHAK-PCTV porque "non sería proporcional nin axeitado" impedir o funcionamento do partido, tendo en conta a curta duración do proceso de ilegalización.

Nun auto notificado esta segunda feira, o alto tribunal explica así a súa decisión, tomada a pasada sexta feira, de non acceder á petición da Fiscalía e do goberno español de suspender as actividades deste partido, mentres se tramitan as demandas.

O Supremo tamén indica que se non é procedente o cese de actividades, tampouco o é acordar o embargo das súas contas correntes, nin o peche dos seus locais e sede social porque estas medidas serían "contraditorias coa decisión adoptada ao respecto do mantemento provisional das actividades".

Vetado o acceso a fondos publicos
Pola contra, o Supremo si decidiu prohibir a entrega de fondos públicos á formación vasca. No escrito tamén se recolle que o partido tampouco vai ser suspendido por presentar candidaturas ás vindeiras eleccións, posto que finalmente non se presenta aos comicios.

Pola contra, o pasado sábado a sala especial do Supremo fixo público un auto relativo a ANV no que si impide que esta formación política concorra ás vindeiras eleccións xerais, aínda que tamén rexeita suspender cautelosamente as súas actividades.


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: