Poucos días despois de que a esquerda abertzale presentase as listas para acudir ás próximas eleccións xerais.
De seguir adiante o proceso, as portas á acción política quedarían pechadas para os actuais parlamentarios da esquerda abertzale no Parlamento vasco, elixidos baixo as listas de EHAK, e tamén para as siglas que xa conseguiron representación nalgúns concellos durante as pasadas eleccións municipais, Acción Nacionalista Vasca, ANV.
Baltasar Garzón, xuíz da Audiencia Nacional, levantou este martes o secreto sobre os sumarios de Batasuna, EHAK e ANV como paso previo á suspensión de actividades das dúas formacións que aínda se moven sen cancelas xurídicas, EHAK e ANV. O maxistrado convocou para o próximo 4 de febreiro á acusación e para o día seguinte á defensa. Así, a comezos de febreiro e baixo os resortes do artigo 129 do Código Penal, Garzón podería decidir a suspensión de actividades para estas dúas formacións políticas. O devandito artigo permítelle a un xuíz impoñer, previa audiencia da fiscalía, clausura da entidade correspondente "con carácter temporal ou definitivo".
Para ampliar: