Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comisión parlamentaria a petición de Bieito Lobeira

Pesca confirma que o helicóptero que tiña que rescatar o 'Cordero' tardou 42 minutos en saír

O director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elgorriaga, nega que houbese neglixencia na actuación do dispositivo de emerxencia.

Redacción - 17:04 11/02/2008
O helicóptero 'Helimer Galicia'

O helicóptero 'Helimer Galicia'

O helicóptero Helimer Galicia tardou 42 minutos en saír dende que recibiu o aviso de auxilio do pesqueiro Cordero, que afundiu a 30 millas de Cabro Prior o 15 de xaneiro. Así o confirmou o director xeral de Recursos Mariños, Antonio Garcia Elgorriaga, na comisión parlamentaria pedida polo nacionalista Bieito Lobeira.

O acordo estabelecido entre a Administración e a empresa concesionaria do servizo, Helicsa, marca como máximo un tempo de reacción de dez minutos. Porén, García Elorriaga negou que houbese "neglixencia ou demora ningunha" na actuación do dispositivo de emerxencia. O director xeral xustificou que as aeronaves precisan dun chequeo antes da partida e que o "impresionante" temporal daquel día obrigou a tomar máis precaucións das habituais.

Bieito Lobeira lembrou que a "importancia clave" dos tempos de resposta nos rescates para salvar vidas humanas foi a que orixinou o prazo máximo asinado coa empresa concesionaria. Por iso, Lobeira considerou que os 42 minutos que tardou en actuar o helicóptero é un "problema" e que "certifica clarisimante a análise do BNG de que houbo atrasos".

O parlamentario nacionalista tamén recriminou o feito de que un dos pesqueiros veciños "chegou antes" que a embarcación Ibaizábal. Así mesmo, agradeceu que a investigación estea aberta tamén por vía xudicial, ademais da Comisión de Accidentes Marítimos do Ministerio de Fomento.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: