Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: cordero

27/Marzo/2008 /

Querela criminal contra a Mariña Mercante polas eivas no rescate do Cordero

O sindicato denunciará por "homicidio involuntario" a membros da dirección da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de Fomento, pola actuación no naufraxio do pesqueiro.


11/Febreiro/2008 /

Pesca confirma que o helicóptero que tiña que rescatar o 'Cordero' tardou 42 minutos en saír

O director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elgorriaga, nega que houbese neglixencia na actuación do dispositivo de emerxencia.


28/Xaneiro/2008 /

O armador do 'Cordero' insiste en que o accidente foi provocado por un impacto

Xosé María Santiago declarou este luns na Capitanía Marítima de Vilagarcía. O patrón do arrastreiro non acudiu por estar afectado psicoloxicamente.


20/Xaneiro/2008 /

Un milleiro de veciños recordan en Ribeira ás vítimas do naufraxio do 'Cordero'

Os estabelecementos comerciais do municipio pecharon ao público dende as 17.00 horas para poder asistir ao funeral. O dispositivo de busqueda continúa activo este domingo.


19/Xaneiro/2008 /

Atopan un chaleco do 'Cordero', unha milla ao norte do Cabo Prior

Foi visto este sábado por un pesqueiro que navegaba pola zona, segundo informaron a Consellaría de Pesca e a Mariña Mercante.


17/Xaneiro/2008 /

O mar: temos suficientes medidas de seguridade?

A grande sinistralidade no mar que se rexistra en Galiza é un dos problemas que están a debaterse estes días. Dende Vieiros queremos coñecer a túa opinión.


16/Xaneiro/2008 /

Os helicópteros que saíron á busca dos náufragos do 'Cordero' tiñan as cámaras térmicas avariadas

Segundo a CIG, as aeronaves teñen este sistema inoperativo dende que as mercou a Xunta en 2005.



15/Xaneiro/2008 /

Localizan o cadáver dun dos cinco mariñeiros desaparecidos

Un helicóptero da Xunta conseguiu rescatar o corpo sen vida dun dos náufragos a 21 millas ao norte do Cabo Prior.


15/Xaneiro/2008 /

Cinco mariñeiros desaparecidos nun naufraxio fronte ao Cabo Prior

O pesqueiro 'Cordero', con base en Ribeira, afundiu a 20 millas do Cabo Prior. Nel viaxaban 8 tripulantes. Xa foron rescatados con vida dous mariñeiros e o patrón.