Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELACIÓNS INTERNACIONAIS

O primeiro ministro serbio suspende o acordo coa Unión Europea

O apoio da institución europea á secesión de Cosova, causa do desencontro con Vojislav Koštunica.

Redacción - 09:00 07/02/2008
Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia

Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia

O acordo político e comercial que tiñan previsto asinar Serbia e a Unión Europea terase que adiar pola oposición do primeiro ministro, Vojislav Koštunica. O comisario europeo de Ampliación, Olli Rehn, amosou a súa decepción pola reacción do político serbio, debida á tutela que exerce a UE sobre a independencia de Cosova.

Porén, Rehn quixo deixar claro que a oferta "segue sobre a mesa", e amosouse disposto a continuar o díalogo nalgúns puntos. Os Vintesete ofrecéranlle a Serbia antes das eleccións un acordo-marco interino para o diálogo político, o libre comercio, a liberalización dos visados, a cooperación económica e o intercambio de estudantes. O texto redactouse neses termos pola negativa dos Países Baixos de permitir un acordo de estabilización e asociación até que Serbia colabore co Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia.

Olli Rehn afrmou que espera que se cumpran as condicións coa viaxe do fiscal xefe do Tribunal a Belgrado antes do 18 de febreiro, data do Consello de Ministros de Asuntos Exteriores da UE. O executivo europeo non está a ter éxito no seu intento de compatibilizar unhas boas relacións con Serbia e apoiar a secesión de parte do seu territorio. Aínda así, Rehn afirmou que a vitoria de Tadić nos últimos comicios presidenciais significa que os serbios queren "un futuro europeo e unha vida mellor".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: