O ultradereitista Tomislav Nikolic mantén un duro pulso co actual mandatario, Boris Tadic, partidario de entrar na UE.
Serbia afronta este domingo unhas eleccións decisivas para o seu futuro inmediato. O ultradereitista Tomislav Nikolic e o actual presidente, o europeísta Boris Tadic, enfróntanse na segunda volta das presidenciais. Na primeira volta das eleccións Nikolic logrou o 39,9% dos votos mentres que Tadic un 35,4.
Se Tadic se mantén no seu cargo a posíbel integración de Serbia na Unión Europea estará un pouco máis cerca. Pola contra, Nikolic, máis próximo á órbita rusa, ten no seu programa unha oposición radicalmente contraria á posíbel independencia de Cosova e moito máis reacia á Europa comunitaria.