Unicamente hai unha petición formal, que se discutirá nunha xuntanza en outubro. Nesa asemblea tamén se tratará a convocatoria á que se presentará o Puntogal.
O organismo que goberna os dominios de internet, a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), desmentiu que xa decidira autorizar á Corea do Norte a creación dun novo dominio de internet, o “.kp”, tal e como adiantaran diversos medios de comunicación internacionais, como a Axencia France Press.
A orixe do poder da ICANN
É máis, a ICANN unicamente admite ter recibido a solicitude do goberno coreano, pero sinala que aínda non tomou ningunha decisión firme ao respecto. Cómpre lembrar que a xestión de dominios de internet que está nas mans da ICANN, pero provén dunha concesiión por parte do Departamento de Comercio dos Estados Unidos.
En todo caso, é probábel que a ICANN tome unha decisión na súa próxima asemblea, que se celebrará en Los Ángeles en outubro. Nesa xuntanza tamén se discutirá cando se abre finalmente a convocatoria para novos dominios de primeiro nivel, oportunidade que espera a iniciativa galega Puntogal.
O dominio “.kp” é, xunto co o “.eh” de Sáhara Occidental, é o único que aínda non está en funcionamento entre todos identificadores de dúas letras, que lle corresponden exclusivamente aos estados e aos territorios que figuran na lista ISO 3166.