Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA AMBIENTAL

A térmica de Meirama volve provocar unha choiva de folerpas tóxicas

Os veciños denuncian que o complexo industrial de Unión Fenosa contamina reiteradamente sen que ninguén lle poña couto.

Redacción - 11:21 18/12/2007

A parroquia cercedense das Encrobas volveu padecer esta fin de semana a veciñanza da central térmica de Meirama. Igual que xa ocorrera en máis ocasións, os veciños do lugar da Lousa atoparon folerpas brancas nas súas propiedades. Os restos, que conteñen elementos contaminantes, son iguais aos analizados noutras ocasións. O problema repítese cada vez que os operarios de Unión Fenosa arrancan as máquinas logo de varios días de inactividade. Porén, hai meses a delegación da Consellaría de Medio Ambiente aseguraba que o problema era puntual.

Igual que no pasado mes de marzo, os veciños volveron reclamar a presenza de axentes da Policía Local e do Seprona, que levantaron acta do sucedido. Até o lugar tamén se desprazou o alcalde de localidade, Xosé García Liñares, a quen os veciños lle pediron que intercedera diante de Unión Fenosa.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: