Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CAIXA TARRAGONA, 21 DE NOVEMBRO ÁS 20 H

Miguelanxo Prado no ciclo de longametraxe de animación de Tarragona

Proxéctanse: Corto Maltese, Gritos en el pasillo e De profundis.

Redacción - 19:45 19/11/2007

Caixa Tarragona volve incluír a cultura galega na súa programación cultural. O mes de novembro abriuse cun concerto da banda de música Santa Cruz de Ribadulla, a agrupación que acadou o primeiro premio no certame de bandas de música Vila de Sènia 2007. O programa do concerto de Tarragona incluía pezas de compositores galegos como Xoán Montes, Ernesto Campos e J.L. Diéguez. E péchase o mes coa proxección dun filme moi musical, a longametraxe de Miguelanxo Prado. De profundis ofrece a viaxe polo fondo do mar dun pintor fascinado polas criaturas mariñas. A banda sonora, composta por Nani García, está interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

De profundis
Dir. Miguelanxo Prado

Mércores 21 de novembro de 2007 ás 20:00

Ciclo La Pantalla Animada, Caixa Tarragona
c/ de Pere Martell, 2 - Tarragona


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: