Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
SOLIDARIEDADE

Os escritores súmanse á petición de indulto para 'os tres do Eixo'

Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas e Suso de Toro son algúns dos corenta artistas que suscriben o manifesto.

Redacción - 14:02 16/11/2007



As mostras de solidariedade cara os tres santiagueses do Eixo presos en Teixeiro por agredir en 1998 a un policía nunha protesta veciñal continúan. Os colectivos veciñais que piden o indulto para Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro presentaron este venres un manifesto de apoio no que figuran preto de corenta escritores galegos. Entre os mesmos atópanse nomes coma os de Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Xesús Rábade, Ana Romaní e Bieito Rubido.

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago, Xosé María Xuncal, reiterou que os colectivos cidadáns traballan “exclusivamente polo indulto” e que o terceiro grao para os presos non entra dentro das súas previsións. Juncal sinalou nunha conferencia de prensa que os tres veciños están “fatal” de ánimo e que só reciben visitas de familiares as fins de semana, tal e como estipula o réxime da cadea.

Dende os colectivos veciñais están dispostos a continuar coas mobilizacións. Así, se antes non chega o indulto, convocarán unha manifestación en Compostela o vindeiro 16 de decembro, na que esperan reunir a máis de dez mil persoas. Mentres xa está previsto un acto de solidariedade para o día 29 de novembro no Toural no que non faltará a música.


4,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: