Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Beneficiaranse 32 concellos

Vivenda destinará 6,8 millóns en axudas á rehabilitación de cascos históricos

As subvencións, incluídas no Plan de Vivenda, repartiranse en catro anualidades.

Redacción - 19:30 25/10/2007

A Consellaría de Vivenda e Solo investirá 6,8 millóns de euros na ampliación de actuacións de rehabilitación de vivendas e 32 concellos. O investimento permitirá rehabilitar máis de mil vivendas de 38 áreas de rehabilitación. Co acordo do Consello da Xunta aplícase o previsto polo Plan de Vivenda 2005-2008 entre o Goberno e o executivo español.

O orzamento dividirase en catro anualidades, cuxas cantidades irán aumentando dende os 272.000 euros de 2007 até os 3,4 millóns de 2010. Recibirán axudas as vivendas que se atopan nas 24 áreas de rehabilitación de centro histórico (ARCH) e 14 áreas de rehabilitación integral (ARI). As axudas estabelecidas no Plan de Vivenda poden acadar o 80% de orzamento protexíbel, até un máximo de 9.000 € nas ARI e até 11.000 € nas ARCH. Os concellos tamén poden recibir subvencións de até o 50% nas ARI e o 60% nas ARCH.

As zonas beneficiadas pola medida son as ARCH da Coruña, Betanzos, Corcubión, Ferrol, Muros, Noia, Santiago de Compostela, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Allariz, Castro Caldelas, Celanova, Ourense, Ourense-Seixalbo, Ribadavia, Verín, Cambados, Combarro, Tui, Vigo e Vigo-Bouzas, e mais as ARI da Graña-Ferrol, Neda, Mugardos, Padrón, Vista Alegre-Santiago de Compostela, Chantada, Lourenzá, Sagrado Corazón-Lugo, Sarria, Vilalba, Cangas, Estribela-Pontevedra e Carril e Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: