Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Réplica á ministra Elena Salgado

Quintana di que hai "probas documentais" do traspaso de Salvamento Marítimo

O vicepresidente da Xunta afirma que hai un "acordo político" que figura nas actas das comisións informativas organizadas no mes de xuño.

Redacción - 18:28 24/10/2007

O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, replicoulle este mércores á titular de Administracións Públicas, Elena Salgado, que existen "probas documentais" de que hai un "acordo político" co seu predecesor no cargo, Jordi Sevilla, para executar o traspaso a Galiza de seis competencias, entre as que está Salvamento Marítimo.

"Cústame facelo, non me gusta, pero teño que contestar cando a ministra pon en dúbida a veracidade das nosas palabras", afirmou Quintana en declaracións aos medios de comunicación durante a súa visita á nova 'galescola' de Fene (Ferrol), en referencia ás declaracións de Salgado, que sinalara que "non lle constaba" que houbese ningún acordo neste senso..

Fronte a iso, o vicepresidente expuxo que, "de todas esas competencias" organizáronse comisións informativas e existen actas. "Se non houbese acordo político non se reuniría a comisión informativa que é o seguinte paso", argumentou.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: