Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Moito que celebrar

O Empire State loce de verde para celebrar o Ramadán

O edificio máis alto da cidade de Nova York iluminarase por primeira vez con motivo da fin do mes do xaxún musulmán, que finaliza este venres.

Redacción - 10:15 12/10/2007

O Empire State, que tras a caída das Torres Xemelgas pasou a ser o rañaceos máis alto de Nova York, será iluminado de verde con motivo do mes sacro musulmán do Ramadán, que finaliza este venres 12 de outubro. Será a primeira vez que no edificio de 443 metros de alto se celebre a fin do xaxún musulmán.

O Empire State recibe iluminación acorde durante as festividades cristiá de Nadal e xudía de Hanuca. Noutras ocasións, ilumínase de acordo co momento, por exemplo, de verde na festa de San Patricio e de negro para Halloween.

O rañaceos, construído en 1930, comezou a se iluminar de cores a partir de 1976, con motivo do bicentenario da independencia dos Estados Unidos.


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: