Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CELEBRACIÓN NO MUNDO MUSULMÁN

Remata o Ramadán

O mes de xexún do Ramadán chega á súa fin, e millóns de musulmás celebran o Eid al Fitr, festa que asina a conclusión do seguemento deste período, que constitúe un dos cinco piares do Islam, xunto coa profesión de fe, a oración ritual cinco veces ao día, a esmola e a peregrinaxe á Meca cando menos unha vez na vida. A declaración formal da fin do RamadánRamadán coincide coa observación do primeiro fío de lúa, que debe facerse sen axuda de ningún instrumento artificial, e moitos mandatarios de países árabes teñen costume de protagonizar en público os últimos pregos da conmemoración, vencellada na tradición islámica ao mes onde o arcanxo Gabriel iniciou a transmisión do Corán a Mahoma. Máis en Islam Online.

- 06:08 24/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)