A asociación recibirá 186.000 euros da Consellería de Industria co fin de preparar a candidatura ante a ICANN.
A Consellaría de Innovación e Industria anunciou este mécores que aportará 186.000 euros para os traballos da Asociación Puntogal, que promove un dominio en internet para a lingua e a cultura galegas.
Esta inxección económica será aprobada no Consello da Xunta de mañá. O acordo establece que Puntogal adicará os cartos a “realizar os traballos técnicos e os custos que a ICANN impoña para poder presentar a candidatura galega”.
Poderase presentar en 2008?
Tamén servirá para financiar a presencia do Puntogal nas reunións da ICANN, a próxima das cales terá lugar en Los Ángeles a finais de outubro. Nesa reunión, a ICANN informará dalgúns dos requisitos que esixirá aos candidatos. É posíbel que o ente que controla os dominios de internet abra a porta á presentación de propostas de xeito oficial durante o próximo ano.
Ademais de Puntogal, outros colectivos lingüísticos -como, por exemplo, os bretóns e os galeses- tamén están rfacendo os deberes de cara a apertura de propostas. Pretenden así lograr un identificador de internet de tipo cultural, como o “.cat”, específico para a lingua e cultura catalás.