Alén das entidades que xa lle deran formalmente o seu apoio á campaña en favor dun dominio para a lingua e cultura galega na rede, a campaña camiña agora con éxito na procura de apoios individuais. Son máis de dúas mil persoas as que asinaron a prol da reivindicación coordinada pola Asociación PuntoGal.