Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conta que el lle recomendou non adiantar os comicios

Cacharro di que Fraga foi vítima dun calote desde o partido para que fracasara en 2005

"Estou seguro de que se espera ao outono volve revalidar a maioría absoluta", opinou Francisco Cacharro.

Redacción - 09:00 08/10/2007

"Alguén a quen non lle interesaba que seguira recomendoulle adiantar as eleccións, dicíndolle que en xuño os mozos estarían de exames e non lle dirían que non", relatou Francisco Cacharro, ex presidente da Deputación de Lugo, nos micrófonos da Radio Galega.

Sen cancelas na lingua desde que se afastou da dirección do partido, Cacharro repróchalle a Manuel Fraga que se deixase levar "por algunha xente que lle dicía si, bwana sempre e que lle douraba a pílula". Ao respecto asegura que el lle recomendou a Fraga que non adiantase esa cita electoral e que lle dixo "o que lle tiña que dicir", baixo o criterio de que "unha forma de ser leal era non facer a pelota".

Por outra parte Cacharro referiuse ao presunto acordo que no seu momento lle terían ofrecido no partido para repetir asento no Senado e explicou que lle trasladou ao presidente provincial do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro, que non repetiría. Recoñeceu ao respecto o ex barón popular que non confiaba no que lle dixese el ou o seu partido. "Eu sabía con quen estaba falando", insinuou sen querer afondar nesa fenda.

Sobre a posibilidade da consolidación de novas formacións políticas en Galiza no espectro do centro-dereita, movementos cos que a el mesmo o teñen relacionado dentro da provincia de Lugo, opinou Francisco Cacharro que "seguramente tería sido unha solución para o PPdeG que no panorama político galego houbese un partido co que se puidese entender".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: