Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Conclusións das xornadas do ensino

CIG-Ensino e a AS-PG piden garantías para a aplicación do decreto

O sindicato e a asociación preséntanlle á Consellaría de Educación nove demandas para garantir o uso do galego.

Redacción - 18:34 01/10/2007

Unha vez rematadas as Xornadas do Ensino e os Encontros Pedagóxicos que organizaron a última semana de setembro CIG-Ensino e a AS-PG, as dúas entidades presentan como conclusión unha serie de demandas que lle quere presentar á Consellaría de Educación. Todas elas van referidas ao cumprimento íntegro no presente curso do decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no sistema educativo.

A primeira petición é que Educación poña á disposición dos Equipos de Normalización e dos centros educativos o mapa sociolingüístico de Galiza e os datos estatísticos do IGE, recursos que contribuirán á aplicación efectiva do decreto. Así mesmo, solicitan que se cree un servizo de Normalización Lingüística dentro da consellaría, e que se amplíe o prazo para a presentación do proxecto lingüístico dos centros.

Outra das conclusións das xornadas é que Educación elabora un plan de formación para o profesorado, se promocine o decreto e se sensibilice o profesorado no proceso de normalización. Amais disto, CIG-Ensino reclama que os grupos parlamentarios lle retiren o apoio ao Valedor do Pobo, que amosou prexuízos fronte á lingua, e que a inspección educativa vixíe o cumprimento da lexislación.

A solicitude esténdese ás escolas de Maxisterio, onde se pide que se impartan, cando menos, o 50% das materias na nosa lingua e mais o curso de especialización didáctica. Finalmente, solicitan que se reforcen os equipos de normalización cos medios necesarios.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: