Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afganistán

Un atentado suicida deixa 27 mortos en Kabul

Un home vestido con uniforme militar fixo estoupar unha bomba nun autobús do exércido afgán.

Redacción - 12:15 29/09/2007

Unha bomba dirixida contra un autobús do exército afgán matou cando menos 27 soldados en Kabul. O atentado, reivindicado polos talibán, é o segundo máis grave dos que se produciron en Afganistán dende o ano 2001.

Segundo as investigacións oficiais, o explosión, que deixou o vehículo partido pola metade, causouna un suicida vestido de uniforme militar que subiu ao autobús. O voceiro do ministerio de defensa Gen Zahir Azimi declarou á BBC que outras 21 persoas sufriron feridas a consecuencia do estoupido.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: