Unha soldado -Idoia Rodríguez Buján, natural de Friol (Lugo)- morreu e outros dos militares do Exército español resultaron feridos nun atentado contra un convoi de vehículos militares nas inmediacións de Shindand, na zona de Afganistán baixo a súa vixilancia. Os tres soldados viaxaban nunha ambulancia blindada xunto a outras catro, en misión de apoio aos equipos italianos (OMLT) que instrúen o Exército afgán. Os outros dos feridos son o alférez César Muñoz Pantoja e o cabo Xurxo Liaño del Río, este último tamén galego.