No atentado tamén morreu un intérprete e resultaron feridos graves outros dous militares.
Segundo informou o Ministerio de Defensa, dous soldados españois destinados en Afganistán morreron esta mañá logo de explotar unha bomba. Un intérprete afgano que viaxaba con eles tamén perdeu a vida. Os primeiros datos sinalan que os finados viaxaban abordo dun vehículo blindado que resultou afectado directamente pola explosión. Outros dos militares españois resultaron feridos de gravidade no mesmo atentado.