Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDEN CAMBIAR AS LISTAXES DE SUBSTITUTOS

Interino cun cero logra praza, opositor cun dez queda fóra

A nova Asociación Galega de Opositores do Ensino arremete contra a Consellería de Educación polo sistema das últimas oposicións.

M. Vilas - 14:00 19/09/2007
Sánchez Piñón organizou as oposicións máis numerosas da historia do Ensino

Sánchez Piñón organizou as oposicións máis numerosas da historia do Ensino

Unha oposición amañada para colocar aos profesores interinos”. Esta é a denuncia da Asociación Galega de Opositores do Ensino (AGOE), unha plataforma que se presentou este martes en Ourense.

A AGOE atacou moi duramente a última selección de mestres organizada pola Consellería de Educación. Nun comunicado define o concurso como “unha burla e un menosprezo dos esforzos de moitos opositores que non se atopaban dentro dos supostos que a Consellería se empeñou en favorecer”.

100 prazas, 98 para interinos

Unha das voceiras da AGOE, Ilda Blanco, indica a Vieiros que houbo opositores que, malia sacar un 10 nas probas, non lograron praza. “Hai especialidades nas que se convocaban 40 prazas nas que só entraron interinos, e nas que había 100 prazas, só entraron unha ou dúas persoas que non eran interinos”.


Unha das estratexias da Xunta para favorecer aos interinos, di a AGOE, foi a presentación da unidade didáctica. E é que mentres que os opositores 'normais' tiñan que someterse ao tribunal, aos interinos abondáballes con presentar unha memoria de dez follas.

Os 'méritos' eran o 40% da nota
Ademais, Blanco denuncia que case todos os interinos lograron a máxima puntuación pola súa memoria. Sumando este dez aos puntos por ter dado clases antes -que representaban o 40% da nota final total- o resultado foi que algúns postos de traballo foron para “persoas tiñan suspendido, e ata sacado un cero na oposición”.


Blanco responsabiliza á Consellería de Educación desta discriminación. A voceira indica que o único que pretendía a Xunta era reducir a porcentaxe de mestres sen praza fixa, para cumprir as normas da Unión Europea.

Outras listaxes de substitución?

A AGOE xa presentou unha reclamación para que as novas listaxes de interinos se elaboren en función das notas das últimas probas. E é que interinos e substitutos que non lograron praza conservan a puntuación que tiveron en oposicións anteriores, por diante incluso dos que sacaron un 10 na última convocatoria

A Asociación, que botou a andar en Ourense pero que xa se está a organizar noutras cidades, anima a todos os afectados a contactar con eles no correo agoeigualdade_arroba_gmail.com.


4,5/5 (22 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: