Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVOCADA UNHA NOVA XORNADA DE FOLGA PARA O 7 DE XUÑO

Profesores interinos comezan un encerro en Santiago na procura dun acordo de estabilidade

O instituto Rosalía de Castro en Santiago de Compostela é o escenario do encerro que desde hoxe están a levar a cabo profesores interinos e substitutos na procura dunha proposta de estabilidade por parte da Consellaría de Educación. Anxo Louzao, de CIG-Ensino, afirmou que na última Mesa Sectorial de Educación, a proposta presentada po Educación non recollía "nin un liña sobre estabilidade" e asegurou que o colectivo "non está disposto a asumir unha proposta que non recolla ningún compromiso ao respecto". Louzao tamén anunciou unha nova convocatoria de folga para o día 7 de xuño "se a consellaría non mostra vontade de acadar un acordo". Pola súa parte, o PP acusou a Educación de "ignorar" a folga de 5.000 profesores e sinalou un aumento da precariedade.

- 16:15 29/05/2006
Tags:

Baixo o lema "Estabilidade Xa, Non aos despidos de profesorado interino" uns vinte docentes iniciaron ás 11 horas un encerro permanente e indefinido no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. A medida, que foi convocada na recente asemblea da Plataforma en defensa da estabilidade do profesorado interino e substituto, ten como obxectivo acadar un acordo de estabilidade coa Consellaría de Educación.

Segundo Anxo Louzao, de Cig-Ensino, o colectivo "non está disposto a asumir unha proposta que non recolla ningún compromiso de estabilidade", porén valorou positivamente algunha das outras medidas incluídas na última Mesa Sectorial. O xoves está prevista unha nova xuntanza na que, segundo Xoán Valiño, representante do Sindicato de Traballadores Galegos do Ensino, agárdase que Educación leve "algo convincente" para poder negociar.

Pola súa parte, o Partido Popular acusou a Educación de "ignorar" a recente folga de 5.000 profesores interinos. Os populares galegos presentaron no Parlamento unha iniciativa na que instan a Educación a habilitar "prazas suficientes" e facilidades no acceso dos interinos. O PP galego tamén reclama que se melloren as condicións laborais e salariais do sector, coa aplicación de trienios e sexenios, así como a percepción total dos salarios a partir dun determinado número de meses e anos traballados. e das retribucións, así como o acceso á formación como profesorado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)