A representación galega, que acadou unha medalla de ouro, tres de prata e unha de bronce, foi recibida na sexta feira pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto.
Unha vez máis, os piragüistas galegos volveron demostrar que son potencia a nivel mundial, traendo un ouro, tres pratas e un bronce para a casa.
Foi unha xornada descrita como "épica" por todos os presentes. Os dous palistas galegos, do Illa de Arousa, demostraron a súa capacidade de loita esta fin de semana en Eslovaquia.