Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'Doraemon e o dinosauro pequeno'

O gato cósmico volve levar a nosa lingua ás salas de cine

O filme preestréase o xoves á tarde en Vigo e o venres estará noutras pantallas do país.

Redacción - 17:30 30/08/2007

O famoso gato cósmico, Doraemon, volve ás pantallas grandes do país falando na nosa lingua. O filme Doraemon e o dinosauro pequeno preestréase este xoves ás seis da tarde nos cines Gran Vía de Vigo e poderase ver a partir de mañá no resto de Galiza.

É a duodécima historia cinematográfica do gato do peto máxico que se dobra á nosa lingua, dende que en 2001 se estrease Doraemon e as mil e unha aventuras. Aínda que non todas se puideron ver nas salas do país, o resto estreáronse directamente en DVD. Os filmes están baseados na serie de TV Asahi que comezou en abril de 1979 e leva case mil episodios en emisión no Xapón. Aquí puidémola ver no Xabarín Club da Galega. Á súa vez, ten orixe nun manga de Hiroshi Fujimoto e Abiko Motoo.

Esta foi unha das sintonías de entrada da serie televisiva, que cantaron en galego Nacho Castaño e Juan Carballido:


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: