Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Outra campaña de cinema: Shin-Chan e Doraemon

A Mesa pola Normalización Lingüística quere que dous filmes de animación, Shin-Chan e a procura das bólas perdidas e Doraemon e o imperio maia, se estreen este verán en galego. Para iso pediulle á Televisión de Galicia que se implicase na dobraxe. Os protagonistas dos filmes xaponeses, o neno Shin-Chan e o gato cósmico Doraemon, son coñecidos no noso país precisamente polas series de animación que emite a cadea autonómica.

- 21:48 16/03/2003
Tags:

Os dous filmes distribúeos Luk International, a mesma distribuidora que non fixo copia galega de Doraemon e os piratas dos mares do Sur, estreada o pasado verán. En Cataluña, tanto o filme de Shin-Chan coma os dous de Doraemon pasáronse nas salas en catalán. A Mesa pola Normalización confía no argumento da televisión para conseguir a dobraxe ao galego, e ter máis éxito ca con Harry Potter.

Shin-Chan e a procura das bólas perdidas estrearase o vindeiro 27 de xuño, e Doraemon e o imperio maia o 29 de agosto. Para abrir o apetito, podedes dar un paseo pola web de Hadrián Barbeito, un afeccionado a Shin-Chan, que nos ofrece información sobre a serie e mesmo a súa sintonía en mp3. Por certo, que mentres a CRTVG non ten nada na súa web sobre Shin-Chan, en Cataluña a TV3 dedicoulle un interesante espacio, e mais outro a Doraemon.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: