A cuarta longametraxe do personaxe de debuxos animados Doraemon, 'Doraemon, o Gladiador', proxectarase só en galega nas sete salas en que se estrea. O filme poderase ver en cinemas da Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Este é o cuarto filme de Doraemon que se proxecta en Galiza, e o segundo que o fai en galego. Segundo Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, o terceiro filme "Doraemon e o Imperio Maia" triplicou a recadación en Galiza das longametraxes anteriores porque Doraemon falaba galego.
Tamén se proxectará en catalán en Cataluña.